venres, 26 de novembro de 2021

Clubs de lectura

 Os clubs de lectura comezan a sua andaina neste novo curso.

Os "amigos do misterio" van ler El asesinato del profesor de matemáticas de Jordi Sierra i Fabra.



O alumnado de PMAR estréase con Drácula.



O club " O autobús repleto de letras"  escolle a obra de Laura Gallego, Donde los árboles cantan.



           “ Desconfinando misterios” iníciase con O conserxe de Xose Luis Vázquez Somoza. 



       O grupo “O mundo hoxe”  vai ler Identidades asesinas de Amin Maalouf . 





          O club de Distopía enfréntase a  Farenheit 451 de Ray Bradbury.  


no ➢  A novidades deste ano  é un club especifico sobre Literatura feminista. Comenzan con Cobiza de María Reimóndez.

mércores, 9 de xuño de 2021

OS NOSOS BOOKTUBERS: Persepole- Marcos

 No terceiro trimestre o club de alumnado de 1º Bacharelato leron a novela gráfica "Persepole"

No seguinte video o alumno Marcos Oitavén, un dos membros do club, fainos unha reseña desta obra.





xoves, 15 de abril de 2021

CLUB "A HISTORIA SAE AO ENCONTRO": PERSÉPOLE

 Neste terceiro trimestre do curso imos ler unha das mais famosas novelas gráficas que amosa o fundamentalismo islámico e a súa pegada nas mulleres: 

Unha temática sempre de actualidade e nun formato sinxelo: a banda deseñada.


Trala lectura da obra imos ver a súa versión cinematográfica, que foi galardonada con varios premios e mesmo foi nominada para o Óscar no ano 2008.
                                                                                                                     
(fai click na imaxe)




CLUB "MISTERIOS CONFINADOS": 48 HORAS.

 Comezamos o terceiro e último trimestre deste curso no club cunha novela que vos vai transformar en detectives  e vos vai manter en vilo ata o final...

BIP,BIP,BIP...UNHA MENSAXE NO MÓBIL.


(Pincha na imaxe para ter mais información)





xoves, 25 de marzo de 2021

AS NOSAS BOOKTUBERS: "UNA PRINCESA EN BERLÍN"-FERNANDA

 Fernanda, unha das integrantes do Club de lectura de 1º Bacharelato, animouse a facer unha pequena reseña do libro que neste club foi lido no segundo trimestre.

Tómade nota da nosa nova booktuber !